¿Qué din os nobres ollos
de Fingon o valente
á néboa crecente
que inunda o noso lar?
¿Qué din as mans feridas
que, en ira, cara ó Norde
contra o Fado e a sorte
xurdiron dende o mar?
«Seredes pedra e lume
que erguidos botaremos
contra noxentos demos
e pérfidos irmáns;
espadas que afiadas
batan a escuridade,
idade tras idade
fora de Beleriand.»
Oh, terra gris de cinza,
cinza dos enemigos;
pasaches mil perigos,
e agora libre es.
Oh, terra desexada,
amada Hísilóme;
có teu sagrado nome,
a gloria eterna tes.
Có teu enhesto brazo
o mal que nos asedia
por toda a Terra Media
verá cedo o seu fin.
Oh, noso chan querido,
oh, terra de valentes;
espello de Occidente;
fogar de Fingolfin.